Ulises 31
Ulysse 31 宇宙伝説ユリシーズ 31 (Uchū Densetsu Yurishīzu Sātīwan) | |
---|---|
Formato | Animación |
Creado por | Bernard Deyriès Jean Chalopin Nina Wolmark inspirados na Odisea de Homero |
Desenvolvido por | DiC Audiovisuel Tokyo Movie Shinsha |
Intérpretes | Animación |
País de orixe | Francia Xapón |
Episodios | 26 |
Produción | |
Duración | 25 min |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Sindicación |
Primeiro episodio | 10 de outubro de 1981 |
Derradeiro episodio | 3 de abril de 1982 |
Na rede | |
http://www.ulysses-31.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ulises 31, orixinalmente co título Ulysse 31 (宇宙伝説ユリシーズ 31 Uchū Densetsu Yurishīzu Sātīwan?) (lit. Ulises 31, a lenda do espazo) é unha serie de debuxos animados de ciencia ficción franco-xaponesa, creada polo francés Jean Chalopin para a televisión no ano 1981, que actualiza o poema épico da Odisea de Homero. A serie conta con 26 episodios de 30 minutos cadanseu e foi producida conxuntamente por DiC Audiovisuel e polos estudios de anime Tokyo Movie Shinsha (TMS Entertaiment). Foi emitida na TVG a principios da década de 1990.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A trama da serie describe a disputa de Ulises contra as entidades divinas que rexen o universo no século XXXI, os deuses da mitoloxía grega. Os deuses do Olimpo están indignados con Ulises, comandante da nave espacial Odisea, quen destrúe ó Ciclope para salvar uns nenos, incluíndo ó seu fillo Telémaco.
Zeus condena a Ulises a viaxar polo universo coa súa tripulación conxelada mentres non atope o reino de Hades, será entón cando a tripulación volverá á vida e regresarán á Terra. Ó longo do percorrido encontran moitas dificultades, encontrándose con outras figuras da mitoloxía grega, mais dende unha perspectiva futurista.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ulises (ユリシーズ Yurishīzu?), é o heroe da serie, condenado polos deuses do Olimpo a vagar polo espazo como castigo por destruír ó Ciclope.
- Telémaco (テレマーク Teremāku?), fillo de Ulises, un rapaz espelido e habilidoso.
- Thais (ユミ Yumi?), rescatada do Ciclope xunto co seu irmán por Ulises, procede do planeta Zotra e ten poderes telepáticos e telecinéticos.
- Nono (ノノ Nono?), é un robot propiedade de Telémaco, agasallo do seu último aniversario.
- Shirca (シルカ Shiruka?), ordenador central da nave, os deuses borraron os datos da súa memoria, imposibilitado a viaxe de regreso á Terra.
- Numaios (ユマイオス Yumaiosu?), irmán de Thais, permanece en hibernación xunto co resto da tripulación, suspendido nun estado de levitación.
Episodios
[editar | editar a fonte]- Le Cyclope ou la malédiction des dieux (シクロープ)
- Les Fleurs sauvages (失われた惑星)
- Hératos (エオール)
- Chronos (エラトス)
- La Planète perdue (スフィンクス)
- Éole ou le coffret des vents cosmiques (レストリゴン)
- Sisyphe ou l'éternel recommencement (シジフォス)
- La Révolte des compagnons (野生の花)
- Le Sphinx (クロノス)
- Les Lestrygons (コンパニオンの反乱)
- Charybde et Scylla (忘却の椅子)
- Le Fauteuil de l'oubli (カリブデとシーラ)
- Les Sirènes (ダブル惑星)
- Le Marais des doubles (シルセ)
- La Deuxième Arche (ミノタウロス)
- Circé la magicienne (シレーヌ)
- Nérée ou la vérité engloutie (ブラック・マジシャン)
- Le Labyrinthe du Minotaure (第2の箱船)
- Atlas (ネレー)
- Le Magicien noir (アトラス)
- Les Révoltées de Lemnos (レムノスの反逆者)
- La Cité de Cortex (機械惑星
- Ulysse rencontre Ulysse (カリプソ)
- Les Lotophages (ユリス対ユリス)
- Calypso (ロトファージュ)
- Le Royaume d'Hadès (アデス)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ulises 31 (Serie de TV), ficha da serie en filmaffinity.